Axúdanos a chegar a máis xente,

Colabora

Para levar a cabo o noso traballo, é fundamental para nós contar con persoas voluntarias e doazóns nos diferentes ámbitos de actuación que levamos a cabo. Infórmate das diferentes actividades que temos na actualidade e anímate a colaborar da forma que máis se axuste a ti.

Faite soci@

Facerte socio de Fundación Amigos de Galicia ten vantaxes ficais:

 

  • Os primeiros 150€ que does desgravarán o 80% e a partires desa cantidade, o 35%.
  • Se mantés ou aumentas os 2 anos as túas aportacións á nosa entidade a desgravación increméntase ao 40%.

¿Queres colaborar cunha aportación económica?

Campañas de doazón

Coa túa aportación nos axudas a seguir traballando en beneficio das persoas en risco de exclusión social de Galicia.

Nas súas mochilas, o seu futuro

Campaña de material escolar para os/as menores de idade

Conectad@s

Campaña de dixitalización dirixida aos/ás menores de idade

Faite voluntari@

Inscríbete como voluntari@ e entrarás na nosa lista de persoas colaboradoras, avisarémoste en cada acción de axuda na que precisemos apoio. Ti decides cando e cómo participar e podes darte de baixa cando queiras.

¿Queres colaborar co teu tempo?

Campañas de voluntariado

Coa túa implicación presencial axúdasnos a chegar a máis xente e ofrecer un servizo presencial máis cercano.

Mellor acompañad@s

Campaña de acompañamento ás persoas maiores en situación de soidade non desexada

Axúdanos a chegar a máis xente

Coñécenos e colabora

¿Queres saber máis? Aquí te deixamos un resumo dos nosos programas de axuda e o resumo do noso pasado ano 2021.

Orientación Laboral

Realizamos accións encamiñadas á inserción laboral e formación de persoas en idade laboral en Galicia; sendo conscientes de que o acceso ao emprego é a principal ferramenta que teñen as persoas para poder obter recursos cos que ser independentes e poder satisfacer as súas necesidades.

Loita contra a pobreza

Atendemos a persoas en situación de vulnerabilidade, cubrindo as necesidades básicas de:

  • Alimentación
  • Vestimenta e calzado
  • Hixiene e limpeza
  • Tratamento e material médico
  • Material escolar
  • Material dixital
Protección da infancia

Adicamos especial atención ós/ás menores de idade en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social, ofrecendo axuda a través de diferentes servizos destinados á protección da infancia.

Atención psicolóxica

Contamos co servizo propio de atención psicolóxica dirixido ás persoas usuarias que necesitan axuda e que, pola súa situación de risco ou exclusión social, non dispoñen dos recursos necesarios para custear unha consulta privada ou non poden esperar os prazos de espera para ser atendidas polos profesionais da Seguridade Social.

Fomento da igualdade

Deselvolvemos ao longo de todo o ano distintos programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade ou vítimas de violencia de xénero, a través do cales proporcionamos asesoramento social, psicolóxico, xurídico e/ou laboral, contribuíndo desta forma a mellorar a súa situación persoal, social e/ou laboral.

 

Acompañamento a persoas maiores

Contamos cun programa de acompañamento dirixido ás persoas maiores que viven en situación de soidade, proporcionando apoio psicolóxico e fomentando o seu envellecemento activo, así como a súa sociabilización e dixitalización.

 

Preguntas frecuentes

Podo realizar unha doazón puntual?

Por suposto. Ti decides canto e como doar entre as diferentes opcións que ofrece cada campaña sen obligación a pagos recurrentes.

Que beneficios ten ser socio de Fundación Amigos de Galicia?

Os primeiros 150€ que does desgravarán o 80% e a partires desa cantidade, o 35%. Se mantés ou aumentas os 2 anos as túas aportacións á nosa entidade a desgravación increméntase ao 40%.

Como podo solicitar o certificado de desgravación fiscal?

Se queres solicitar o teu certificado de desgravación escríbenos a informacion@fundacionamigosdegalicia.org ou chama ao 610 475 431.

Teño unha idea de colaboración diferente ás expostas enriba, podo facela chegar?

Claro! Estamos encantad@s de recibir novas propostas de colaboración. Ponte en contacto con nós desde os diferentes puntos de contacto e cóntanos a túa idea.

Quero facerme voluntari@, pero non conto con moito tempo libre, como podo axudar?

Non te preocupes, pódeste rexistrar como voluntario e nós avisarémoste de cada acción de axuda que precise de colaboración voluntarias. Ti decides en qué actividades podes participar e en qué horarios. Eso sí, comunicando sempre as túas decisións para que nós poidamos organizar as xornadas segundo os medios dispoñibles.