Promoción da igualdade
EM-PODÉRATE
A Fundación Amigos de Galicia impulsa o Programa de Inserción Laboral EM-PODÉRATE dirixido a mulleres que se atopan en situacións de vulnerabilidade. Este programa ofrece unha ampla gama de servizos, incluíndo asesoramento xurídico gratuíto, así como apoio social, psicolóxica e laboral, co fin de proporcionar unha atención integral.
O propósito deste programa é facilitar a inserción laboral destas mulleres, considerando este paso como esencial para acadar a súa independencia económica. Este avance contribúe significativamente á mellora da súa autoestima, á súa integración na sociedade e, en última instancia, á mellora da súa calidade de vida.
Esta iniciativa conta co financiamento da Secretaría Xeral da Igualdade, a través das subvencións dirixidas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, centradas en apoiar a mulleres en situacións de especial vulnerabilidade.
Obxectivos do programa
A finalidade deste programa é a promoción das capacidades persoais, tratando de restablecer a súa situación social e laboral, combatendo a vulnerabilidade social, e tratando de lograr a igualdade real e efectiva entre as mulleres sen titulación ou cunha baixa cualificación no acceso ó mundo laboral.