Quenes somos

fundación Amigos de Galicia

Misión

A nosa misión é a atención ás persoas  en situación ou risco de exclusión social, promovendo a súa inserción no mercado laboral.

Visión

Traballamos para lograr unha sociedade máis xusta, culta e solidaria, especialmente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Valores

Somos unha entidade social, consolidada e afincada en Galicia cuxo baluarte son as persoas en situación de risco de exclusión social, prestando especial atención á infancia, persoas maiores que viven solas e mulleres en situación de vulnerabilidade e/ou violencia de xénero.

Equidade

Reivindicando a igualdade e respentando a pluralidade da sociedade.

Independencia

Actuando de conformidade cos no sos principios.

Transparencia

Poñemos á disposición da cidadanía, colaboradores/as e beneficiarios/as toda a información sobre o fin dos nosos fondos.

Profesionalidade

Equipo profesional comprometido coa acción solidaria e con ampla experiencia no tercer sector.

Transparencia

Memorias anuais

Memoria de actividades

Memorias anuais

Axencia de colocación

Transparencia

Contas anuais

Sobre a Fundación

Estatutos

Colaboración

Coñece ás persoas e as entidades que fan posible a labor levada a cabo por Fundación Amigos de Galicia.

¿Atópaste en situación de vulnerabilidade?

Podemos axudarte

Atopa en Fundación Amigos de Galicia o servizo que mellor se axuste as túas necesidades e comeza a traballar con nós na mellora da túa situación.

¿Queres saber máis? Aquí te deixamos un resumo dos nosos programas de axuda e o resumo do noso pasado ano 2021.

Orientación Laboral

Realizamos accións encamiñadas á inserción laboral e formación de persoas en idade laboral en Galicia; sendo conscientes de que o acceso ao emprego é a principal ferramenta que teñen as persoas para poder obter recursos cos que ser independentes e poder satisfacer as súas necesidades.

Loita contra a pobreza

Atendemos a persoas en situación de vulnerabilidade, cubrindo as necesidades básicas de:

  • Alimentación
  • Vestimenta e calzado
  • Hixiene e limpeza
  • Tratamento e material médico
  • Material escolar
  • Material dixital
Protección da infancia

Adicamos especial atención ós/ás menores de idade en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social, ofrecendo axuda a través de diferentes servizos destinados á protección da infancia.

Atención psicolóxica

Contamos co servizo propio de atención psicolóxica dirixido ás persoas usuarias que necesitan axuda e que, pola súa situación de risco ou exclusión social, non dispoñen dos recursos necesarios para custear unha consulta privada ou non poden esperar os prazos de espera para ser atendidas polos profesionais da Seguridade Social.

Fomento da igualdade

Deselvolvemos ao longo de todo o ano distintos programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade ou vítimas de violencia de xénero, a través do cales proporcionamos asesoramento social, psicolóxico, xurídico e/ou laboral, contribuíndo desta forma a mellorar a súa situación persoal, social e/ou laboral.

 

Acompañamento a persoas maiores

Contamos cun programa de acompañamento dirixido ás persoas maiores que viven en situación de soidade, proporcionando apoio psicolóxico e fomentando o seu envellecemento activo, así como a súa sociabilización e dixitalización.

 

Coñécenos

Quenes somos

A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade sen fins lucrativos (Lei 49/2002) tal e como se mostra nos seus Estatutos, rexistrada coma Entidade Prestadora de Servizos Sociais nº E-2199, fundada o 17 de maio de 1987. 
A Entidade conta coa Axencia de colocación Emprega aprobada pola Xunta de Galicia, con número de Expediente 2012/017 e Número de Identificación 1200000013. 
O principal ámbito de actuación atópase no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia principalmente, realizando accións puntuais tanto en España coma no estranxeiro.

Comprometid@s coa inserción laboral