O futuro nas túas mans

Actividades de coidado ao medio ambiente coa infancia

 

O Futuro nas Túas Mans é un programa multidisciplinar impulsado por Fundación Amigos de Galicia que xorde co obxectivo de implicar á infancia e a mocidade no coidado do medio ambiente, sendo conscientes que sensibilizar aos menores na importancia do coidado do medio que nos rodea desde a infancia é a forma máis eficaz de xerar hábitos ambientais que perduren no tempo.

Prantación de especies autóctonas

Realizamos accións de reforestación de zonas públicas galegas con especies autóctonas co obxectivo de recuperar o patrimonio natural da Comunidade.

Máis información

Todas as accións complentaranse con actividades de sensibilización e formación na infancia sobre o valor intrínseco da conservación do medio ambiente.

Recollida de residuos

O volume de plásticos que estamos xerando está destruíndo ao noso planeta, e os seres humanos somos os responsables. A promoción do coidado ao medio ambiente dende a infancia é a forma máis eficaz de xerar hábitos ambientais que perduren no tempo.

Sensibilización

Poñémonos á disposición de centros escolares, agrupacións, etc. para a realización de actividades de concienciación co medio ambiente co obxectivo de implicar á infancia.

ÚLTIMA ACTIVIDADE

O Día da Árbore en Pol

No Día da Árbore 2022 levamos a cabo unha plantación de castiñeiros na área deportiva de Pol en colaboración co Concello de Pol e o CEIP Rosalía de Castro. Despois da actividade, agasallamos ao alumnado do colexio cun reloxo de madeira sostible, unha bolsa de tela, unha gorra e un diploma.

Metas

Sensibilización na importancia do coidado da natureza

Repoboamento da contorna con árbores autóctonas

o comezo

Repoboación de árbores nas Neves

Esta actividade de reforestación xorde tras os incendios devastadores que azoutaron ao municipio das Neves no ano 2017. No mes de marzo de 2018, a Fundación Amigos de Galicia organizou en As Neves (Galicia) unha actividade mediante a cal o alumnado do centro plantou 300  carballos no Monte Chan de Vide co obxectivo tanto de repoboar os montes afectados, como de implicar aos menores na importancia do coidado ao medio ambiente.

ACTIVIDADES

Recollida de residuos plásticos

Alumn@s das entidades e centros escolares de toda Galicia participan nas actividades de recollida de lixo en beneficio da comunidade e da natureza.

O obxectivo da actividade non son só os quilos recollidos, senón incidir na prevención para que os residuos que xeramos non sexan abandonados nas nosas contrornas naturais.

Metas

Sensibilización na importancia do coidado da natureza

Recollida de residuos plásticos

Prevención de hábitos irresponsables

Escríbenos

Lin e acepto a Política de Privacidade

Cóntanos a túa proposta

Estamos encantad@s de recibir novas ideas que nos axuden a concienciar acerca do respecto á natureza desde a infancia e a xuventude. Estas son algunhas das actividades que adoitamos facer coas entidades e centros educativos:

Visitas a centros escolares

Obradoiros de natureza

Pantación de especies árboreas autóctonas

Recollida de residuos plásticos