Protección da infancia
Desde a Fundación Amigos de Galicia adicamos especial atención ós/ás menores de idade en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social, ofrecendo axuda a través de diferentes servizos destinados á protección da infancia.
Estudantes
Apoio na escola
Nas súas mochilas, o seu futuro
Material escolar
Damos resposta ás necesidades de libros, material escolar, material sanitario (máscaras e xeles hidroalcohólicos) e outras necesidades (lentes graduadas, audíofonos, sistemas de monitorización de glucosa, etc.); dos/as usuarios/as da entidade en idade de escolarización.
Material dixital
Cubrimos as necesidades de subministro de liña de internet e material informático (ordenadores, táblets, etc.) durante todo o ano 2021 a menores de Galicia cando as súas familias se atopen en situación de risco de exclusión social, por carencia e/ou limitación de recursos económicos.
Atención médica
Pago de terapias e tratamentos a menores con dificultades no seu desenvolvemento. Estes tratamentos permítenlles garantir a súa saúde e mellorar a súa calidade de vida.
Atención psicolóxica
Temos a disposición da infancia o noso Gabinete Psicolóxico especializado.
Atención xurídica
Nos últimos anos, Fundación Amigos de Galicia vense implicando cada vez máis coa protección da infancia e dando voz a casos que vulneran os seus dereitos.
¿Necesitas axuda?
Inscríbete para solicitar o noso apoio
¿Queres colaborar?
Campañas
Conectad@s
Loita contra o fracaso escolar pola brecha dixital mediante o equipamento de material informático e conexión a internet nas familias con menores a cargo en idade escolar.
Nas súas mochilas, o seu futuro
Campaña de material escolar na que equipamos as mochilas dos menores en risco de exclusión social con todo o necesario para afrontar o curso 2021/22.
Novas relacionadas
Fundación Amigos de Galicia continúa coa campaña “Comparte Ilusión”, en colaboración co Centro Comercial Camelias
// FOTO: Natalia Galán Tato, xerente do Centro Comercial Camelias; e Marta Insua, representante da Fundación Amigos de Galicia, durante a presentación da Campaña Solidaria "Comparte Ilusión". Dispoñible dende o 4 de Decembro ata o 5 de Xaneiro. Vigo, 4 de...
El Centro Comercial Ponte Vella colabora con Fundación Amigos de Galicia en la campaña “Comparte Ilusión”
// FOTO: Marcos Vila, xerente do CC Ponte Vella; e Marta Insua, representante da Fundación Amigos de Galicia, nun dos punto de recollida de xoguetes novos durante a presentación da Campaña Solidaria "Comparte Ilusión" no Photocall de Papá Noel. Campaña dispoñible...
Fundación Amigos de Galicia organiza charlas de «Sensibilización do Voluntariado» e presenta a campaña de recollida de agasallos de Nadal do 2023
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023 NOTA DE PRENSA O vindeiro luns 27 de novembro terá lugar no CEIP Bergantiños, en Carballo (A Coruña), charlas de "Concienciación e sensibilización sobre o voluntariado" e a gran importancia que estes...