fomento do emprego
EM FEMENINO
Fundación Amigos de Galicia desenvolve un programa de emprego femenino, que promove a equidade de oportunidades para persoas que, por razóns vinculadas o seu xénero, teñen maiores dificultades de acceso ó emprego.
As mulleres, que se atopan con distintas trabas sociais á hora de acadar a súa inclusión laboral, xa non unicamente vinculadas as súas características persoais e/ou profesionais, senón tamén á brecha de xénero, á falla de corresponsabilidade nas tarefas do fogar e ás dificultades á hora de conciliación, precisan dun programa concreto que as sitúe nunha mellor posición con respecto a outros demandantes de emprego, de cara a acadar a súa inserción laboral nun mercado de traballo que non presenta as mesmas oportunidades para as mulleres que para os homes.
EM- FEMENINO é un programa de fomento da empregabilidade das mulleres que a entidade desenvolve en cinco concellos da provincia de A Coruña (Ames, A Laracha, Carballo, Fene, Rianxo e Santiago de Compostela) de cara a proporcionar ferramentas que melloren as opcións laborais das persoas usuarias mediante proxectos que abarcan a realización de itinerarios de inserción personalizada e a formación ocupacional, coa finalidade de acadar a inserción no mercado de traballo das persoas atendidas.
Proxecto financiado pola Deputación de A Coruña a través da liña de subvencións FO1O0A – EI – 3 2024.
Importe concedido: 19.649,75€
Porcentaxe subvencionado: 80%
Obxectivo xeral do programa
O obxectivo principal deste programa é conseguir a inserción laboral das usuarias como consecuencia directa da mellora da súa empregabilidade.