Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de traballadores desempregados para a realización de servizos de interese xeral e social, dependente da Consellería de Emprego e Igualdade.  Para o desenvolvemento do proxecto foron contratadas 2 psicólogas e 2 traballadoras sociais.

 

O obxectivo é que o persoal contratado poida proporcionar, en colaboración co equipo profesional da Fundación Amigos de Galicia, as máis de 21.586 atencións realizadas a persoas en risco de exclusión social de Galicia -segundo os datos do ano 2020-. Ditas atencións son as necesarias para contribuír a paliar as necesidades básicas de alimentación, vestiario, produtos de hixiene persoal, material escolar, enseres do fogar e electrodomésticos das familias usuarias.

 

O Proxecto Proserde XV tamén contempla que o equipo de traballo contratado para o proxecto traballe nos diferentes programas de Emprego e Formación, e nos programas dirixidos a mulleres vítimas de violencia de xénero e/ou vulnerabilidade atendidas pola entidade.