Programa de Recursos Integrais para mulleres en situación de vulnerabilidade
Obxectivos do programa
O obxectivo xeral é dar resposta ás necesidades específicas das persoas vinculadas ó programa, en función das súas necesidades concretas proporcionando a través do programa, para as mesmas, asesoramento psicolóxico, laboral, xurídico e social, en función das necesidades concretas de cada participante. Ademáis, contamos tamén con diversos obcexticos específicos a ter en conta:
Autoestima
Reforzar a propia estima das persoas, coa finalidade de evitar que puidesen ser, vítimas de violencia de xénero, favorecendo a percepción que teñen sobre si mesmas e por tanto, a valoración sobre as relacións sociais ou persoais que establecen.
Atención psicolóxica
Ofrecer asesoramento psicolóxico ás usuarias do programa.
Atención xurídica
Ofrecer un asesoramento xurídico ás persoas usuarias do programa.
Orientación Laboral
Ofrecer un asesoramento laboral que mellore a empregabilidade das mulleres atendidas.
Apoio Social
Ofrecer o apoio social ás usuarias, garantindo a cobertura das necesidades básicas das persoas, no eido da alimentación, vestimenta, calzado, mobiliario, produción de aseo persoal e limpeza do fogar…
Axuda
Ofrecer calquera outro tipo de axuda que este colectivo puidese precisar e que incida na mellora das súas condicións de vida.