Promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e defensa dos dereitos e liberdades das persoas do colectivo LGTBQI
Tecendo con fíos de cores
Fundación Amigos de Galicia desenvolve un programa de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en defensa dos dereitos e liberdades das persoas do colectivo LGTBQI, que promove a consecución da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes é unha prioridade para a Fundación Amigos de Galicia , ademais de ser un requisito indispensable para poñerlle freo á violencia de xénero. A violencia de xénero é a inxustiza social que constitúe a máis grave manifestación da desigualdade que aínda a día de hoxe sofren as mulleres.
Cando se fala da igualdade, referímonos ó recoñecemento aos homes e ás mulleres dos seus dereitos e deberes como cidadáns, estes atópanse recollidos no artigo 1 da Declaración Universal de Dereitos Humanos: “A Igualdade de todos os seres humanos é un principio xurídico universal”, así como na Constitución Española no artigo 14 na cal se describe que “os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”. Este principio constitucional implica a construción dun sistema baseado na equidade, pluralidade e diversidade.
Obxectivo xeral do programa
Este programa conta ten como obxectivo xeral traballar na promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como traballar a prol da defensa dos dereitos e liberdades das persoas que forman parte do colectivo LGTBQI. Para cumprir este obxectivo xeral é necesario establecer uns obxectivos específicos: