En Ourense, 10 de Noviembre de 2021
Dende Fundación Amigos de Galicia informamos que nas causas xudiciais onde actuamos como acusación popular, non só nos personamos durante o proceso xudicial, senón que ademais realizamos un seguimento posterior velando para que cumpran os dereitos dos nenos e nenas afectados, así como para que cumpran as sentenzas, desexando que se consiga a reinserción social das persoas condenadas. Así o estamos facendo por exemplo, na causa dos mellizos de Ourense, relacionada coa morte dun bebé e as lesións ocasionadas polos seus proxenitores ao seu irmán mellizo, que actualmente atópase baixo a tutela da Xunta de Galicia. Dende a entidade continuamos actuando na defensa do menor asegurándonos que se atopa en boas condicións, e privándoo de toda actuación que lle poida prexudicar.
Por outra banda, o día 11 de novembro, celebrarase no Xulgado do Penal nº1 de Lugo, o xuízo polo caso do menor presuntamente maltratado polas súas tías en Mondoñedo, causa na que a Fundación Amigos de Galicia actúa como acusación popular dende que se coñeceron os feitos no mes de novembro de 2017. Dende a entidade non só actuamos como parte durante todo o proceso xudicial co menor e a nai do mesmo; senón que ademais atendemos as súas necesidades básicas alimenticias, de vestimenta, produtos de hixiene e limpeza, material escolar e xoguetes para o menor (sendo a primeira entrega realizada o 24 de maio de 2018 e a última o 29 de outubro de 2021). Recibiron tamén atención psicolóxica (sendo a primeira atención o 14 de abril de 2021 e a última o 1 de setembro de 2021); e orientación laboral para a nai do menor (sendo a primeira atención o 5 de maio de 2021 e a última o 3 de setembro do mesmo ano). Na actualidade a nai está traballando.
Dende Fundación Amigos de Galicia queremos manifestar así mesmo que, o único fin que nos move é a protección do interese superior dos menores afectados, así como de privalos de todas as actuacións que poidan prexudicar o desenvolvemento integral do mesmo.