• O pasado 21 de decembro de 2022, a entidade participou na sesión 2/2022 do Consello Galego de Benestar Social na que se aprobou, por maioría, o “Proxecto disposición administrativa de carácter xeral polo que se crea e regula o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia”.

Esta semana saíu publicado no Diario Oficial de Galicia o Decreto que ten por obxecto a creación do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, así como a regulación da súa composición, funcións e réxime de funcionamento.

Mediante dito Decreto regulase a participación activa da infancia e adolescencia onde os nenos, nenas e adolescentes adquiran un protagonismo real, colaborativo e voluntario, fomentando o desenvolvemento das súas capacidades e a asunción de responsabilidades, para a promoción do diálogo entre o Consello e a Administración pública.

Anexamos o enlace ao DECRETO 12/2023:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230206/AnuncioG0657-260123-0002_gl.pdf