O maltrato e o abuso dos menores aumentou entre os anos 2008 e 2020 un 300%, tendo un maior incremento dende o ano 2017. En España o número total de notificacións relativas ao maltrato infantil foron de 15.688 no ano 2020.
Os malos tratos infantís son un feito que convive connosco, vítimas inocentes e silenciadas, seres moi vulnerables e, polo tanto, vítimas de distintas formas de malos tratos, executado principalmente polo proxenitores e polo entorno familiar. Os tipos de maltrato que sofren os menores son abuso físico, psíquico, sexual e de abandono. Os malos tratos infantís causan graves problemas na saúde física e mental deixando secuelas moi graves que lles afectan durante toda a vida.
O síndrome do neno sacudido ou zarandeado é unha forma de malos tratos físicos infantís, sobre todo entre menores neonatos y lactantes que provoca a existencia dun traumatismo intracranial e implica un conxunto de alteracións clínicas e patolóxicas que conforman unha síndrome ben definida, causado pola sacudida violenta dun bebé
ou dun neno.
A maioría dos casos de traumatismo cranial por malos tratos afectan a menores de 2 anos de idade. Un de cada catro menores que sofre este tipo de violencia falece; dos que a superan, mais do 65% termina con secuelas neurolóxicas, por exemplo: deterioro motor, cognitivo e atraso mental.
A parte das lesións físicas inmediatas(hemorraxias, inchazón, sangrado, etc) que os nenos/as poden sufrir a través dos malos tratos, as reaccións dun/ha neno/a ao abuso ou a neglixencia poden ter impactos para sempre e mesmo interxeracionais.
Os traumatismos craniais por malos tratos causan lesións cerebrais irreparables de por vida e ás veces ata poden causar a morte. Isto pode romper vasos sanguíneos e nervios do interior e de ao redor do cerebro, provocando hemorraxias e lesións neuronais.
Os bebés e os nenos que sobreviven ao traumatismo cranial por malos tratos poderán ter: cegueira, perdas auditivas, convulsións, retraso ou afectacións no desenvolvemento físico e mental, problemas na fala e no aprendizaxe, problemas de memoria, dificultades de concentración e parálise cerebral, polo que deberemos ter en conta que calquera tipo de violencia exercida contra un bebé marcarao de por vida.
Todos estes parámetros rexen no caso do bebé maltrato e xulgado estes días en Lugo. Segundo os profesionais que atenderon ao menor, tanto os sanitarios como os informes forenses, a violencia exercida sobre este bebé, hoxe un neno de tres anos, foron continuados, violentos e con secuelas para toda a súa vida. O menor non pode falar (balbucea), sofre cegueira de ambos ollos, problemas na deglutición de alimentos, non pode andar só e o seu desenrolo cerebral é dun nenos de entre 1 e 2 anos. Todo este maltrato físico, psicolóxico e de abusos reiterados do menor teñen e terán graves consecuencias na súa vida que o marcaran para sempre.
As compensacións económicas, adxudicadas tras unha resolución para axudar aos menores a mellorar a súa vida, nunha gran parte non son percibidas xa que os condenados son insolventes e non se cumpren as sentencias ditadas polos xuíces.
É imprescindible no ámbito da prevención do maltrato infantil a formación dos profesionais implicados; profesionais sanitarios, servizos sociais e inclusive persoal policial. Os cidadáns tamén son clave para a prevención, detección e intervención nos casos de maltrato infantil. Ante unha notificación por parte dun profesional ou cidadán, os protocolos de actuacións son fundamentais para detectar os primeiros
signos de alarma ou un caso de maltrato infantil.
Os cidadáns cando se percaten dunha situación de desprotección, ausencia de coidado e ou posible situación de maltrato teñen a obriga de notificalo, no caso de Galicia, aos servizos sociais comunitarios, Consellería de Política Social, rexistro unificado de maltrato infantil (RUMI), liña de axuda a infancia e/ou a policía. En primeiro lugar os cidadáns temos a obriga de notificar o coñecemento de ditas situacións e en caso de non realizalo, pode derivarse a comisión dunha infracción penal e un grave incumprimento do principio de solidariedade “unha responsabilidade penal”.
Algúns dos factores de risco habituais relacionados co maltrato infantil son: proxenitores vítimas de abuso ou neglixencia na súa infancia, trastornos emocionais, mentais ou físicos, problemas de ludopatia, drogodependencia ou alcoholismo, falta de habilidades parentais e/ou violencia na parella entre outros.
Na Fundación Amigos de Galicia levamos uns anos traballando cun equipo de profesionais na loita contra o maltrato infantil, pois ao traballar coas familias mais vulnerables da nosa sociedade, nos atopamos con frecuencia pautas anteriormente sinaladas. A entidade personouse en causas xudiciais para amparar os dereitos dos menores, caso de morte e/ou maltrato infantil; dos cales contan con resolución xudicial actualmente o caso dun menor en Mondoñedo (maltrato físico e psíquico), os mellizos en Ourense (condenados os proxenitores) e caso salesiano (abusos a menores) e seguindo actualmente personada nos casos do menor de Vedra (violencia infantil), Crimen As Gandarás, Caso Desiree Leal de Cospeito e o Caso do Triplo crime de Valga, do cal son vítimas seus fillos.