Dixitalízate con nós

Cobertura de necesidades dixitais

Cobertura das necesidades de subministro de liña de internet e material informático (ordenador, tablets, módem…) destinada a menores de Galicia en situación de risco de exclusión social por carencia e/ou limitación de recursos económicos na familia.

Ante a nova realidade que se presenta para os escolares de Galicia, faise imprescindible que conten nos seus fogares con conexión a Internet e con medios materiais (ordenadores, tablets, material informático) que lles permita continuar cos seus estudos nos casos dun posible confinamento ou no caso de formar parte do curso escolar sometido á semipresencialidade das clases.

A brecha dixital (e social) non se restrinxe só a territorios, rendas, tipoloxías de fogar e carencias de recursos, senón que a tipoloxía de centros xoga un papel relevante ao escolarizar diferencialmente ao alumnado por clases sociais. Os fogares máis afectados son os de rendas baixas (inferiores a 900 euros mensuais), os monoparentais/marentais e os que @s pais/nais teñen formación secundaria de primeira etapa

Este programa inclúe:

Contratación de conexión a internet

Dirixido a menores desde 6 ata 18 anos

Ordenadores e material informático

Destinado a menores entre 13 e 18 anos

Tablets

Para menores de entre 6 e 12 anos

Manual de educación virtual

Videoconferencias

Co núcleo familiar

Fundación Amigos de Galicia contempla este programa co obxectivo de impulsar a transformación dixital entre os colectivos máis vulnerables e axudalos a navegar por esta nova realidade.

Solicitude de axuda dixital

10 + 9 =

¿Queres colaborar?

Campañas

Conectad@s

Loita contra o fracaso escolar pola brecha dixital mediante o equipamento de material informático e conexión a internet nas familias con menores a cargo en idade escolar.

Nas súas mochilas, o seu futuro

Campaña de material escolar na que equipamos as mochilas dos menores en risco de exclusión social con todo o necesario para afrontar o curso 2021/22.

Novas relacionadas

X Edición – 2011

X Edición – 2011

Restaurante "Rías de Galicia" - Barcelona   El Restaurante "Rías de Galicia" abre en el año 1986 de la mano de Cándido y Pura. Rías de Galicia, con más de 30 años de vida,  se ha convertido en uno de los grandes referentes de la gastronomía del mar en Barcelona,...

Este programa conta co apoio de:

Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia.