Nova denuncia
Canle de denuncias
A través dos canles de información as persoas poden poñer en coñecemento da Fundación Amigos de Galicia calquera acción ou omisión imputables a un Patrono ou á persoa física que o representa, ás persoas traballadoras da Fundación ou á Fundación como persoa xurídica, que poida constituir unha infracción do Dereito da Unión Europea que afecte aos intereses financieiros da mesma, ou que supoña un incumprimento da normativa en vigor, das prácticas e dos procedementos internos da Fundación, ou unha infracción administrativa ou penal, especialmente no que se refire ao fraude, á corrupción e aos conflitos de intereses, e aos riscos descritos no sistema de cumprimento.
Os medios de comunicación dos que dispón a persoa informante son os seguintes:
- A través do correo electrónico informacion@fundacionamigosdegalicia.org
- Mediante un escrito presentado no rexistro da Fundación Amigos de Galicia dirixido á persoa Delegada do Cumprimento do Comité Ético.
- Presencialmente a través dunha reunión coa persoa Delegada do Cumprimento do Comité Ético.
- Por correo postal, mediante comunicación escrita dirixida á persoa Delegada do Cumprimento, Avda. Matosinhos, 2 de Vilagarcía de Arousa (36600).
- De maneira telefónica, deixando unha mensaxe cos datos necesarios para a tramitación da denuncia no número de teléfono 610 475 431.
- Telemáticamente, a través do formulario web que figura a continuación.