// FOTO: Cartel do Programa «EM-FEMENINO» 2023, que promove a Fundación Amigos de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2023
NOTA DE PRENSA
O programa “EM-FEMENINO” vense desenvolvendo dende o ano 2018 na provincia de A Coruña, o obxetivo principal é acadar a inserción laboral de mulleres en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social.
A través das actuacións levadas a cabo a entidade fomenta a empregabilidade das mulleres, promovendo desta forma, a equidade de oportunidades para persoas que, por razóns vinculadas ó seu xénero, teñen maiores dificultades de acceso ó emprego.
As mulleres, atópanse con distintas trabas sociais á hora de acadar a súa inclusión laboral, xa non unicamente vinculadas as súas características persoais e/ou profesionais, senón tamén á fenda de xénero, á falla de corresponsabilidade nas tarefas do fogar e ás dificultades á hora de conciliación, por este motivo, precisan dun programa concreto que as sitúe nunha mellor posición con respecto a outros demandantes de emprego.
Fundación Amigos de Galicia realiza ás participantes itinerarios personalizados de inserción e formación ocupacional co obxectivo de reforzar as competencias profesionais e potenciar as posibilidades de acceso ao mercado laboral das participantes de cara a acadar a súa inserción no mercado de traballo que non presenta as mesmas oportunidades para as mulleres que para os homes.
Dito programa conta co financiamento da Deputación Provincial da Coruña, e durante o 2023 está previsto que se leve a cabo nos concellos da provincia de A Coruña (A Laracha, Ames, Carballo, Fene, Rianxo e Santiago de Compostela).
Proxecto financiado pola Deputación de A Coruña a través da liña de subvencións F0I00A – EI – 3 2023.