Subvencións concedidas a entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra para a adquisición ou adaptación de vehículos directamente vinculados ao desenvolvemento da súa actividade social.
A Fundación Amigos de Galicia coa adquisición deste vehículo poderá optimizar a recollida de doazóns realizadas por empresas colaboradoras, campañas solidarias en cadeas de alimentación, centros educativos e outras entidades da contorna, garantindo unha xestión eficaz dos recursos e unha distribución equitativa entre as persoas beneficiarias.
Este proxecto contribúe ao fortalecemento da rede de apoio social e á promoción da igualdade de oportunidades en toda Galicia, consolidando o labor da entidade e priorizando aquelas persoas atendidas mediante o Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social.
Este programa conta co apoio de:

