Actualidade
ÚLTIMAS NOVAS DA FUNDACIÓN
Esta sección está destinada ás novas máis actuais da nosa fundación donde terá todas as ligazóns para poder botarlle un ollo.
Novas de máis recentes a máis antigas
Coñece as novas nas que está involucrada a Fundación Amigos de Galicia.
Trixésimo oitavo aniversario da Fundación Amigos de Galicia
17 de Maio de 2025
O sábado día 17 de maio, a Fundación Amigos de Galicia cumpríu 38 anos do seu nacemento; constitúese o 17 de maio de 1987 en Lugo como Asociación Cultural e Gastronómica O Grelo, coincidindo co Día das Letras Galegas. No ano 1995 pasou a denominarse Fundación Amigos de Galicia “O Grelo” na notaría de César Cunqueiro (Pontevedra), perdendo mais tarde “O Grelo” do seu nome e establecéndose como Fundación Amigos de Galicia. Neste ano é cando ademais de constituírse como Fundación de Interese Cultural e Galego pola Xunta de Galicia, a entidade establecese como Entidade Prestadora de Servizos Sociais, centrando a súa labor nas persoas mais vulnerables de Galicia, principalmente a infancia, ás persoas maiores -en especial aos/ás que viven sos/as- e as mulleres vítimas de violencia de xénero, etc., co obxectivo de cubrir as súas
necesidades básicas.
A Fundación realizou un total de 39.972 atencións durante o ano 2024 a través dos diferentes programas que desenvolve de maneira integral, entre eles, o Plan Integral de Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social, emprego e integración social (inserindo ás persoas no mercado laboral), programas de atención psicolóxica e xurídica, protección á infancia e a xuventude, mulleres vítimas de violencia de xénero e a atención ás persoas maiores – dixitalización-.
Este 2025, é o ano de Castelao, ano no que a entidade o recorda a través da cita “Os grandes problemas de Galicia son unha cuestión nosa, de todos/as os/as galegos/as” -frase incluída na memoria anual 2024 da fundación-, á cal a sumamos á Xeración NÓS.
Seguiremos traballando por unha sociedade culta, xusta e solidaria
Proxecto solidario a miña pequena hixiene
16 de Maio de 2025
Total recaudado grazas a este proxecto o cal recurrimos por problemas á hora de conseguir material de hixiene para os máis pequenos.
Dende a Fundación Amigos de Galicia, agradecémosvos de corazón o xesto de solidariedade e o voso esforzo e colaboración.
Casi o 20% de alumnos autolesionáronse na comunidade
16 de Maio de 2025
Case un de cada cinco alumnos de secundaria, o 19,1%, admite haberse autolesionado algunha vez e case o 32% deles fixérono no último mes, segundo os datos obtidos pola Fundación Amigos de Galicia durante os primeiros meses deste ano. Ademais, case un 7% indicou que nalgún momento planificou o seu suicidio e o 4% manifestou realizar algún intento.
Continuar lendo e pincha tamén aquí ou aquí para ver máis
Vilagarcía celebrará o seu primeiro mercado vintage chamado Vilabela Market
9 de Maio de 2025
Este 17 de maio, Vilagarcía presentará o seu primeiro gran mercado vintage na Praza da Verdura. O evento será gratuito e celebrarase de 11:00 a 21:00 e contará cun total de 85 postos que contarán dende roupa, xoguetes e libros ata mobles. Cabe destacar que haberá actuacións musicais; pola mañá actuará o grupo vilagarcián Introcover e a partir das 18:00, DJ Xulio.
Continuar lendo e pincha tamén aquí para ver máis
Maiores pero tecnolóxicamente preparados
29 de Marzo de 2025
Con algo de «medo» pero «moi motivados». Así acoden a clase os alumnos dos cursos de dixitalización para maiores que, desde 2021, imparte por toda a xeografía galega a Fundación Amigos de Galicia. Faio no marco do programa ‘Mellor acompañade@s’, unha iniciativa que, ademais de proporcionar formación sobre o uso do teléfono móbil, a aplicación do Sergas, as máquinas de quendas dos hospitais ou o caixeiro automático, busca loitar contra a soidade non desexada.
Poio organiza un taller sobre el uso de tecnologías para mayores
19 de Marzo de 2025
A concellería de Benestar e Igualdade de Poio continúa organizando actividades para fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores, neste caso #ante a tecnoloxía e o uso dos móbiles. Así, colaboran coa Fundación Amigos de Galicia para organizar un curso, totalmente gratuíto, na Casa Rosada no que aprenderán a incorporar a tecnoloxía á súa día a día: nos caixeiros automáticos, no teléfono móbil, na máquina de quendas, na app móbil do Sergas etc.
La Fundación Amigos de Galicia mejora la salud mental infantil en la comarca del Barbanza
25 de Febrero de 2025
A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de Boiro, está a levar a cabo un programa de apoio psicolóxico para estudantes de educación primaria en varios centros educativos da localidade.
Unha situación que, como indican desde a propia Fundación, débese a que os psicólogos da entidade identificaron diversas problemáticas nos menores, como a baixa tolerancia á frustración, a falta de espazos de expresión emocional e o impacto do uso excesivo de dispositivos electrónicos.
Novas máis antigas
viernes, 20 de diciembre 2024
Fundación Amigos de Galicia participa na reunión da Rede de Emprego ‘Emprega-Nós’ en Ourense.
viernes, 13 de diciembre 2024
viernes, 8 de noviembre 2024