Este Nadal

Comparte ilusión

Campaña de Nadal 2022

O obxectivo desta campaña é que todas as familias teñan dereito a vivir un Nadal con dignidade. Fundación Amigos de Galicia desenvolve a campaña “Comparte Ilusión” nun ano especialmente difícil marcado polos efectos da crise económica e social. Este ano, máis que nunca, precisamos da túa colaboración.

xoguetes

Colabora na campaña de xoguetes para agasallar @s nos@s menores.

alimentos

Axúdanos a garantir unha cea de Nadal especial con produtos típicos.

doazóns

Realiza unha aportación económica a través de BIZUM co código 02735.

voluntariado

Colabora co teu tempo nas diferentes actividades que desenvolveremos ao longo da campaña.

Para conseguir que todos os nenos e nenas que atendemos poidan ter un agasallo baixo a árbore e manter a súa ilusión nesta época tan máxica, precisamos de moita colaboración para cumprir os seus desexos. Tamén contamos coa colaboración de empresas e asociacións que nos axudan a que esto sexa posible.

RESUMO CAMPAÑA DE NADAL 2021

Novas relacionadas

Entidades colaboradoras

Gracias aos nosos colaboradores, por facer posible que estas festas sexan máxicas para todas as persoas atendidas desde Fundación Amigos de Galicia