INTERVENCIÓNS EN CENTROS EDUCATIVOS
Educación en valores para a construción dunha sociedade máis xusta e saudable
Dende a Fundación Amigos de Galicia desenvolvemos obradoiros e charlas dinámicas adaptadas a cada etapa educativa (Educación Primaria e Educación Secundaria). O noso obxectivo é dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para afrontar os retos sociais e persoais da actualidade, promovendo o benestar emocional, o respecto e a convivencia escolar.
Programas de sensibilización, prevención e formación dirixidos ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria.
TEMÁTICA DAS INTERVENCIÓNS
💜 Promoción da igualdade e prevención do abuso sexual en torno á violencia de xénero, con especial atención á responsabilidade afectiva.
Fomento de relacións de igualdade, prevención de condutas machistas, coeducación e diversidade.
Enfocado principalmente para alumnado de educación secundaria
📱 Educación dixital: uso controlado das pantallas e repercusión no rendemento académico.
Uso responsable e seguro da tecnoloxía, prevención de riscos na rede e xestión da identidade dixital.
Enfocado principalmente para alumnado de educación secundaria
⭐ Coidando a autoestima: prevención dos trastornos da conduta alimentaria (TCA) e promoción dunha imaxe corporal saudable.
Fortalecemento do autoconceito, xestión da presión social e desenvolvemento da resiliencia.
Enfocado principalmente para alumnado de educación secundaria
🛑 Transformando as nosas aulas: promovendo un ambiente libre de bullying, seguro e respectuoso.
Identificación e detección do acoso, concienciación do grupo de iguais e estratexias de resolución de conflitos.
Enfocado principalmente para alumnado de educación primaria e secundaria
🚭 Adiccións a substancias: coñecemento, prevención e acompañamento na adolescencia.
Sensibilización sobre o consumo de alcohol, tabaco e outras substancias, así como adiccións dixitais e xogos de azar.
Enfocado principalmente para alumnado de educación secundaria
🛑 Protexendo a infancia: iniciativa para a prevención do abuso sexual en menores. Intervención sobre límites persoais, respecto polo propio corpo, autoprotección e identificación de persoas adultas de confianza.
Límites persoais, respecto polo propio corpo, autoprotección e identificación de persoas adultas de confianza.
Enfocado principalmente para alumnado de educación primaria e secundaria
Queres que acudamos ó teu centro?
Se es docente, orientador/a ou formas parte do equipo directivo dun centro escolar e queres solicitar algunha das nosas intervencións ou obradoiros, cobre o seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo.
Inscríbete Como Interesad@
Este programa conta co apoio de:
Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia.





