A misión principal de Fundación Amigos de Galicia é a atención ás persoas máis vulnerables e en risco de exclusión social, especialmente a aquelas que contan con menores a cargo.

Mediante o Plan de Cobertura de necesidades alimenticias ás familias en situación de carencia de recursos económicos con residencia nalgún concello de Galicia, se garante a cobertura das necesidades alimenticias e nutricionais das persoas en situación de carencia e/ou limitación de recursos económicos, en especial dos/as menores.

Obxectivo Xeral.- Dar cobertura ás necesidades alimenticias das persoas cando estas se atopan en situación de carencia e/ou limitación de recursos económicos.

A través de dito programa, a entidade axudou a cubrir parte das necesidades dos 3.378 fogares atendidos durante o ano 2024.

Cofinanciado pola Fundación Amigos de Galicia.