Fundación Amigos de Galicia oferta itinerarios de inserción personalizada a persoas en situación ou risco de exclusión ou perceptores de RISGA dalgún dos concellos da provincia de Ourense. O proxecto comprende as prestacións de entrevista inicial; deseño; seguemento e avaliación do proxecto de inclusión social e sociolaboral; accións para a adquisición e fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluindo accións promotoras de acceso e permanencia no mercado laboral, mediación laboral, prospección e intermediación laboral, etc.
 
O persoal técnico da entidade está á disposición das persoas usuarias do programa, ofertando, a aquelas persoas seleccionadas pola propia entidade, os itinerarios de inserción personalizada que contemplan as seguintes accións;
 
  • Entrevista inicial
  • Deseño de itinerario de inserción personalizado
  • Valoración social individual
  • Revisión de obxectivos ou actuacións
  • Seguemento do itinerario
  • Medidas de acompañamento e orientación social e/ou laboral
  • Mellora de habilidades sociais básicas
  • Técnicas de busca de emprego
  • Intermediación laboral
  • Coordinación con outros dispositivos de atención
  • Formación en contidos teóricos prácticos e Formación ocupacional
  • Prospección na empresa
  • Información sobre o mercado de traballo
  • Captación de ofertas
 
Dentro deste proxecto, Fundación Amigos de Galicia proporciona itinerarios de inserción personalizada orientados a 40 persoas dalgún dos concellos da Provincia de Ourense –ao longo de todo o proxecto que abrangue dende xullo de 2020 a xuño de 2022- que carecen de recursos económicos e contan con cargas familiares e que precisan de accións específicas que melloren as súas posibilidades de inclusión no mercado de traballo. 
 
 
Obxectivos que se pretenden acadar 
 
Desenvolvemento de habilidades sociais e hábitos prelaborais de cara a mellorar as posibilidades de inserción no mercado de traballo das persoas atendidas. 
o Inclusión laboral das persoas atendidas mediante o programa.