Programa de inserción laboral dirixido a mulleres en situación de violencia de xénero.

O principal obxectivo que se pretende acadar a través do programa é incrementar a empregabilidade das mulleres vítimas de violencia de xénero, co fin de que alcancen a independencia económica e persoal necesaria para romper o vínculo co seu agresor e lograr a súa efectiva recuperación integral.

O programa ofrece as usuarias orientación socio laboral e formación, que inclúe talleres prelaborais e formación ocupacional, complementado cun servizo de prospección e intermediación laboral. Ademais terán acceso ao servizo de atención social e psicolóxica que presta a entidade.

 

OBXECTIVOS SECUNDARIOS

O principal obxectivo do programa é mellorar a empregabilidade das mulleres vítimas de
violencia de xénero, para que poidan alcanzar a independencia económica e persoal necesaria para
romper o vínculo co seu agresor e favorecer a súa recuperación integral.
Ademais do obxectivo xeral, o programa «Un Novo Camiño» ten varios obxectivos específicos destinados
a traballar coas usuarias:
Inserción laboral: Facilitar a incorporación das mulleres vítimas de violencia de xénero ao
mercado laboral, especialmente aquelas que enfrontan maiores dificultades para acceder a un
emprego.
Formación e capacitación: Ofrecer formación e capacitación profesional adaptada ás
demandas do mercado laboral, mellorando as competencias e habilidades das participantes
e, deste xeito, aumentando as súas posibilidades de inserirse no mercado de traballo.
Apoderamento económico: O acceso ao emprego e á independencia económica son clave para
apoderar ás mulleres e permitirlles romper o ciclo de violencia e control no que poden estar
atrapadas.
Reconstrución da autoestima: O emprego non só lles proporciona unha fonte de ingresos,
senón tamén a oportunidade de reconstruír a súa autoimaxe e recuperar a súa autoestima.
Prevención da revitimización: A carencia de recursos económicos pode aumentar a
probabilidade de que as mulleres permanezan en relacións abusivas ou verse envoltas en
situacións semellantes no futuro. O emprego proporciona unha base sólida para construír unha
vida libre de violencia e evitar a revitimización.
Integración social: Brindar ás mulleres a oportunidade de participar activamente na
comunidade, establecer relacións sociais fóra do ámbito doméstico e contribuír ao benestar
colectivo.

 

PERFÍS E CRITERIOS DE SELECCIÓN DAS PERSOAS DESTINATARIAS

Este programa vai destinado ás mulleres en situación de violencia de xénero na comarca de Ourense e de Pontevedra, as cales serán derivadas polo SPEG para a súa participación no programa e/ou captadas directamente dende a entidade.


ACTUACIÓNS

  • Asesoramento e orientación laboral: Ofrecer asesoramento individualizado para a busca de
    emprego, redacción de currículos, preparación de entrevistas e desenrolo profesional. O persoal
    técnico da entidade traballará coas participantes na elaboración dun itinerario de inserción adaptado
    ás súas necesidades, que incluirá: entrevista inicial, valoración social individual, deseño de
    itinerario de inserción personalizado, seguimento do itinerario, medidas de acompañamento
    e orientación social e/ou laboral, mellora de habilidades sociais básicas, técnicas de busca de
    emprego, información sobre o mercado laboral, intermediación laboral, captación de ofertas,
    prospección en empresas e formación especializada.
    Ademais o programa, de cara a ofertar unha atención integral ás participantes contará coas seguintes
    actuacións:
  • Formacións de capacitación profesional segundo o perfil das participantes (70 horas). As
    formacións incluirán prácticas non laborais en empresas da contorna, co obxectivo de achegar ás
    participantes ao mercado laboral, adquirir experiencia práctica e mellorar as súas posibilidades de
    inserción laboral. Estas accións formativas tamén contemplarán a preparación de posibles entrevistas
    e para afrontar situacións laborais reais, garantindo así unha preparación integral para a súa
    incorporación ao emprego.
  • Formacións complementarias (70 horas):
    Desenvolvemento persoal e benestar: Talleres centrados en temas como autoestima,
    xestión do estrés, comunicación asertiva, resolución de conflitos e desenvolvemento de
    habilidades interpersoais, que son fundamentais para o crecemento integral das mulleres (40
    horas: 20h*2).
    Formación en dereitos laborais e asesoramento legal: É esencial que as mulleres coñezan
    os seus dereitos laborais e teñan acceso a asesoramento legal gratuíto, o que lles permitirá
    protexerse no ámbito laboral e tomar decisións informadas sobre as súas condicións e
    situacións laborais (30 horas: 15 h*2).
  • Bolsas para as participantes do programa.
    Con fin de facilitar o traslado a formacións de interese, entrevistas laborais e outras accións que
    poidan xurdir, ofrecerase unha bolsa de 50€/mes por cada participante activa no programa.

 

LOCALIZACIÓN

As oficinas onde se  desenvolverán as atencións son:
  • Avenida de Portugal, 59  – Ourense
  • Avenida Benito Corbal, 47 – Pontevedra

 

 

FINANCIAMENTO

Programa financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.