Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de traballadores desempregados para a realización de servizos de interese xeral e social, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Para o desenvolvemento do proxecto foi contratada 1 traballadora social.

 

O obxectivo é que o persoal contratado poida proporcionar, en colaboración co equipo profesional da Fundación Amigos de Galicia, ás máis de 19.029 atencións realizadas a persoas en risco de exclusión social de Galicia -segundo os datos do ano 2024-. Ditas atencións son as necesarias para contribuír a paliar as necesidades básicas de alimentación, vestiario, produtos de hixiene persoal, material escolar, enseres do fogar e electrodomésticos das familias usuarias.

 

O Proxecto Proserde XIX tamén contempla que a persoa contratada baixo o abeiro deste proxecto traballe nos diferentes programas de Emprego e Formación, e nos programas dirixidos a mulleres vítimas de violencia de xénero e/ou vulnerabilidade atendidas pola entidade.