PARTICIPA
Envíanos o teu debuxo con temática de Igualdade de Xénero e/ou corresponsabilidade familiar para conmemorar o
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Unha actividade ideal para facer en familia c@s mais pequen@s da casa!
PARTICIPA
Envíanos o teu debuxo con temática de Igualdade de xénero e/ou corresponsabilidade familiar
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Unha actividade ideal para facer en familia c@s mais pequen@s da casa!
Bases de participación
Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional da Muller a Fundación Amigos de Galicia convoca a actividade IGUALDarte dirixida á infancia ata os 16 anos.
Os debuxos deben ser de temática relacionada exclusivamente coa igualdade de xénero e a corresponsabilidade familiar. Convidamos así mesmo, a que sexa unha actividade a realizar en familia.
A técnica de debuxo é libre e poderase incluir no debuxo texto escrito polos/as participantes. Os traballos deben presentarse no correo electrónico comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org e no asunto debe figurar IGUALDarte. No corpo do correo deben incluirse os datos do/a autor (nome, apelidos, número de teléfono, correo electrónico e idade), así como un título da obra.
Establécense dúas categorías:
– Ata 9 anos
– De 10 a 16 anos
Otorgarase un premio por cada categoría.
O prazo de presentación dos traballos é do 18 de febreiro ao 7 de marzo.
Os debuxos premiados serán publicados nas redes sociais e poderán difundirse en actos específicos relacionados coa igualdade, e outros cuxo obxectivo sexa a sensibilización social.
*PAU, aquí va un formulario desde el que participar adjuntando el dibujo.