atención psicolóxica
dirixida á infancia
Psicoloxía infantil
Programa de atención psicolóxica dirixida á infancia e mocidade en risco de exclusión social co obxectivo de fomentar estratexias saudables para alcanzar o benestar emocional e o equilibrio mental dos menores atendidos.
Abordamos as principais cuestións que afectan á saúde mental da infancia e mocidade que pola súa situación económica familiar ou por atoparse en risco de exclusión social, non dispoñen dos recursos necesarios para custear unha consulta privada ou non poden esperar os prazos de tempo para ser atendidos por profesionais da atención primaria.
A protección da infancia debe incluír asegurarse que os menores, ademáis de vivir nunhas condicións de seguridade física, poder ter un correcto desenvolvemento emocional para afrontar os desafíos da súa realidade, pois poboación infantil non conta con todas as capacidades adquiridas para facer fronte aos retos da vida.
Benestar persoal
Favorecendo os pensamentos positivos.
Benestar interpersoal
Traballando as habilidades sociais, relacións cos demáis, fomentando o coidado responsable, etc.
Capacidades e coñecemento
Fomentando a capacidade de aprendizaxe, de tomar decisións positivas, de responder aos retos da vida, etc.
O coidado da saúde mental é fundamental para alcanzar o benestar persoal dos menores.
Para nós, trátase dunha prioridade ofrecerlles a posibilidade de contar con ferramentas que lles poidan axudar no seu crecemento psicoemocional.
Mediación familiar
problemas de conducta
intervención socioeducativa
acoso escolar
Mediación familiar
habilidades de sociabilización
Solicitude de atención psicolóxica
Novas relacionadas
Fundación Amigos de Galicia se persona en las causas donde se vulneran los derechos de los/as menores
La Fundación Amigos de Galicia está personada en varias causas en las que los/as menores han sido testigos de situaciones traumáticas o han sido asesinados/as; como el caso del triple crimen de Valga, el juicio comenzará el próximo día 6 de marzo, donde el autor...
Fundación Amigos de Galicia alerta que los trastornos de ansiedad son prevalentes entre los usuarios del servicio de atención psicológica de la entidad
Nuestro de Atención Psicológica ha atendido durante el año 2021 a 138 personas con importantes necesidades de apoyo psicológico desde la puesta en marcha del servicio en el segundo trimestre de 2021.
La Fundación Amigos de Galicia atiende a 66 personas con importantes necesidades de apoyo psicológico desde la puesta en marcha del servicio en marzo de este año
“Vemos como aumentan los casos de personas que han perdido la esperanza de un futuro mejor, combinan la tristeza, con la desesperanza, la frustración y el nerviosismo, llegando incluso a tener en ocasiones ideación suicida”
Este programa conta co apoio de:
Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia.