en igualdade
dende a escola
Cobertura de necesidades escolares
Programa de actuación nas áreas de saúde, seguimento escolar e pautas de crianza saudable e positiva da infancia e mocidade atendida desde a FAG, co obxectivo de prever o abandono temperá dos estudos, a redución do absentismo escolar e xerar pautas de crianza saudables e positivas no ámbito familiar.
Ante a difícil situación que están vivindo moitas familias residentes na nosa Comunidade con menores a cargo, dende Fundación Amigos de Galicia continuaremos traballando polo desenvolvemento de programas que representan unha aposta clara por situar as necesidades e intereses da infancia e da adolescencia como prioridade de actuación da entidade, coa intención de continuar mellorando a calidade de vida de nenos, nenas e adolescentes e de continuar fomentando o seu benestar integral que favoreza o seu acceso en igualdade de oportunidades á saúde, educación, etc.
Se temos en conta a situación de vulnerabilidade na que se atopan moitas familias da nosa comunidade, moitos mozos e mozas galegos volven aos colexios en condición de desigualdade por non poder contar co material básico necesario para facer fronte ao curso escolar. Cabe destacar ademais que no comezo do curso escolar do ano 2021, aos gastos comúns engadíronse os gastos de material sanitario de protección contra o Covid para todo o ano (máscaras, portamascaras e demais material sanitario).
Este programa inclúe:
Entrega de libros de texto
Entrega de material escolar
Entrega de material sanitario
Mascaras, portamascaras, xel hidroalcólico…
Entrega e cobertura de necesidades médicas
Gafas graduadas, audífonos…
Obradoiros sobre hábitos de vida saudables
No comezo do curso escolar do ano 2021, a entidade deu resposta ás necesidades escolares de 1.245 menores galegos/as en situación de risco de exclusión social
Solicitude de axuda escolar
¿Queres colaborar?
Campañas
Conectad@s
Loita contra o fracaso escolar pola brecha dixital mediante o equipamento de material informático e conexión a internet nas familias con menores a cargo en idade escolar.
Nas súas mochilas, o seu futuro
Campaña de material escolar na que equipamos as mochilas dos menores en risco de exclusión social con todo o necesario para afrontar o curso 2021/22.
Novas relacionadas
Fundación Amigos de Galicia concluye la campaña de material escolar “Nas súas mochilas, o seu futuro”
Las últimas entregas del mes de septiembre se realizaron en los municipios de Verín y Monfero. Finalmente, la entidad atendió las necesidades de material escolar de 1.245 menores de Galicia en riesgo de exclusión social – estaban estimadas 974 – tras las solicitudes recibidas durante la campaña y por parte de los centros escolares.
Este programa conta co apoio de:
Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia.