Nas súas mochilas,

o seu futuro

Campaña solidaria de material escolar

Curso 2026/27

Colabora doando material escolar novo destinado a menores en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social.

Esta campaña ten como obxectivo a entrega de todo o material escolar necesario para que todos os nenos e nenas de Galicia poidan desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións. No comezo de cada curso escolar, a entidade entrega mochilas con material escolar adaptadas a cada ciclo educativo (Infantil, Primaria e Secundaria), compostas por libretas, carpetas, lapis, bolígrafos, ceras, gomas, dispositivos informáticos, etc. coa finalidade de cubrir as necesidades educativas de todo o curso académico da cada alumno/a.

No ano 2025 fixemos realidade a entrega de 1.249 mochilas no mes de setembro, pero cabe destacar que esta cifra está a aumentar ao longo do curso polas solicitudes que nos chegan dos centros escolares. Por todo iso, dende a entidade solicitamos toda a colaboración cidadá para que os menores  que atendemos poidan seguir desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións.

Queres colaborar?

Doa unha mochila solidaria

No comezo do curso escolar do ano 2025, a entidade deu resposta ás necesidades escolares de 1.249 menores galegos/as en situación de risco de exclusión social

Doazón de material novo

Puntos de recollida de material escolar

Axudanos a encher as súas mochilas de ilusión nesta volta ao cole 2026/27. O único requisito é que o material achegado sexa novo, evitando así o estigma social.

A Coruña

Delegación de Fundación Amigos de Galicia

Rúa das Tabaniscas, 50 – 15705

Santiago de Compostela, A Coruña

Alcampo

Outlet Área Central

Rúa de París, Loc. 33Q,  s/n, 15707
Santiago de Compostela

Papelería Ledoira

Rúa de José Villar Granjel, 23, 15890
Santiago de Compostela, A Coruña

Lugo

Delegación de Fundación Amigos de Galicia

Ronda de las Mercedes, 14, 27002
Lugo

Ourense

Delegación de Fundación Amigos de Galicia

Av. Portugal, 59, 32002
Ourense

Centro Comercial Ponte Vella

Rúa Ribeira Sacra, 50, 32003
Ourense

Pontevedra

Delegación de Fundación Amigos de Galicia

Av. Matosinhos, 2, 36600
Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Delegación de Fundación Amigos de Galicia

Av. López Ballesteros, 9, 36600
Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Alcampo Vilagarcía

Avenida das Carolinas, 25, 36600
Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Arte y Ciencia

Avenida de Peinador, 85, Cabral, 36417
Peinador, Pontevedra

El Rinconcito de Nieves

Rúa de Alemaña, 44, 36162
Pontevedra

CEIP O Piñeiriño

Rúa Adolfo Pedrido Morla, 1, 36600
Vilagarcía de Arousa

Meganova

Avenida del Doctor Tourón, 29, Bajo, 36600
Vilagarcía de Arousa

Librería Castelao (2)

Av. Castelao, 88, 36626
Illa de Arousa, Pontevedra

PAPELERÍA Digmar

Av. de Vigo, 20, 36003
Pontevedra

IES Francisco Asorey

Rúa Os Caeiros, 25, 36630
Cambados, Pontevedra

Libraría e Papelería Clip Pontevedra

GALERIAS DE LA, Rúa da Oliva, 6, Loc L, 36001
Pontevedra

Arrolos de Mai

Pr. de América, 1, Freixeiro, 36211 
Vigo

Papelería Arines

Rúa Gumersindo Nartallo, 9, 36600 
Vilagarcía de Arousa

Outras formas de colaborar

Empresas e outras entidades

Se queres organizar unha actividade diferente na túa empresa para a recollida de material escolar e colaborar así coas familias en situación de vulnerabilidade da túa zona, ponte en contacto con nós e cóntanos a túa idea.

Programa de Voluntariado

Inscríbete no seguinte formulario para colaborar co teu tempo nas diferentes actividades que desenvolveremos ao longo da campaña.

Precisas axuda?

Podemos axudarte

Solicitude de axuda escolar

Novas relacionadas

Entidades colaboradoras