// MULTIMEDIA: Himno de Fundación Amigos de Galicia.

 

Vilagarcía de Arousa, 16 de maio de 2023

NOTA DE PRENSA

 

  • Trixésimo sexto aniversario da Fundación Amigos de Galicia

A Fundación Amigos de Galicia fundouse o día 17 de maio de 1987 en Lugo como Asociación Cultural e Gastronómica O Grelo, coincidindo co Día das Letras Galegas. A entidade foi fundada por D. Jesús Busto Peteiro, actual Director Xeral, sendo o seu primeiro presidente D. Amadeo Campos Alonso, ocupando o posto na actualidade o Doutor Ramiro José Varela Cives, sucesor de Miguel Villar Costoyas.

No ano 1995 pasará a denominarse Fundación Amigos de Galicia “O Grelo” na notaría de César Cunqueiro (Pontevedra), perdendo mais tarde “O Grelo” do seu nome e establecéndose como Fundación Amigos de Galicia. Neste ano é cando ademais de constituírse como Fundación de Interese Cultural e Galego pola Xunta de Galicia, a entidade establecese como Entidade Prestadora de Servizos Sociais, centrando a súa labor entre os colectivos mais necesitados de Galicia e co obxectivo de cubrir as súas necesidades básicas.

A entidade durante a súa traxectoria prestou axuda internacional a diferentes lugares, entre os que cabe destacar: América e Cuba, enviando mais de 100 toneladas de alimentos (repartidos pola propia fundación a través do Centro Galego da Habana), así como dúas ambulancias ao Asilo de Santovenia, en La Habana; tamén se fixo entrega dunha furgoneta ao Fogar Español de Montevideo, así como de cadeiras de rodas. Nesta mesma líña, a entidade colaborou nos desastres metereolóxicos acontecidos en Colombia “furacán Mitch” e en Haití “devastador terremoto” entregando preto de 100 toneladas de alimentos, enseres de limpeza e cociña –distribuidos por Cáritas Dominicana e Cáritas Haití-, todo elo grazas á colaboración das empresas e os/as particulares. En Angola a fundación colaborou na construcción dun fogar para nenos/as que vivían na rúa, provisionando ademais aos/ás mesmos/as de alimentos e vestimenta, intervención na que colaborou activamente o Presidente de Honra, Ramiro Carregal Rey; A actuación mais recente foi a provocada polo conflicto bélico de Rusia a Ucrania, a entidade grazas á colaboración de Ramiro Carregal, á celebración do Trofeo Manolo Martín, así como grazas ás aportacións realizadas polos/as patronos/as, puido facer entrega ao pobo ucraniano de 15.000 latas de conservas por un valor de 29.850€.

No eido cultural, resaltar a presencia da fundación coa creación do Premio de Poesía “O Grelo”, destinado a escritores noveis con obras escritas estrictamente en galego, de onde sairon figuras destacadas hoxe en día como, Marta Dacosta, Anxo Angueira, Samuel Solleiro y Modesto Fraga, etc.

A Fundación desenvolve outros moitos programas en diferentes ámbitos destinados a dar cobertura ás persoas mais vulnerables da nosa sociedade, entre eles:

 

Orientación Laboral.- Un dos principais obxectivos da entidade é mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego, especialmente as que se atopan con dificultades para conseguir a súa intregación laboral. No ano 2022 a fundación atendeu a 13.030 persoas, das cales foron inseridas  2.113.

 

– “Plan Integral de Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social”.- Este programa permite que todas as familias beneficiarias –en toda a Comunidade Autónoma-, poidan dispoñer de todos os produtos de primeira necesidade indispensables, ademais de facilitar a contribuír de forma temporal os recursos básicos para lograr unha estabilidade emocional na unidade familiar, principalmente onde se atopan menores (para acceder a dito programa é requisito indispensable atoparse inscrito na Axencia de Colocación). No ano 2022 realizaronse 21.933 atencións, das cales o 41,27% foron a menores.
Programas destinados a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero.- Estos programas teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade das participantes de cara o seu futuro, ao marxen de que durante o desenvolvemento do mesmo, sexan incluídas no mercado de traballo. Durante o ano 2022 foron atendidas nos diferentes programas vinculados a este colectivo, 236 mulleres, das  cales 32 conseguiron un emprego.

 

Programa de acompañamento ás persoas  maiores .- A entidade a través deste programa da resposta ás necesidades das persoas maiores de 65 anos con residencia na Comuniade Autónoma de Galicia. Este servizo ofrece un tratamento de mellor calidade aos nosos maiores.

 

Protección á infancia.- Protexer á infancia fronte calquera tipo de violencia ou inxustiza é un dos principais retos da entidade, buscando reforzar os sistemas de protección, garantindo o  seu acceso á xustiza e dando sempre voz aos casos, garantindo que se respecten os seus dereitos.

 

Para mais información dos progamas descritos, así como doutras actividades que realiza a entidade https://amigosdegalicia.org/

Nestes 36 anos a entidade atendeu a mais de cincocentos mil galegos/as, principalmente nenos/as, famililas monomarentais/parentais, etc. Dende a fundación queremos trasladar a nosa gratitude pola vosa colaboración, sen o apoio de todos vós non sería posible levar a cabo todos os programas que se desenvolveron ata a actualidade, contando sempre coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputacións, Concellos, empresas e particulares.

 

Seguiremos traballando por una sociedade culta, xusta e solidaria.

 

CONTACTO: Dpto. de Comunicación – Fundación Amigos de Galicia
E-mail: comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org
Teléfono/WhatsApp: 672 706 182