// FOTO: Marta Insua, Traballadora Social da Fundación Amigos de Galicia e Marcos Vila Fernández, Xerente do Centro Comercial Ponte Vella, facendo entrega de mochilas e material escolar a unha familia de Ourense.
Ourense, 19 de setembro de 2023
NOTA DE PRENSA
-
A Fundación Amigos de Galicia, mostra o seu agradecemento ó CC Ponte Vella tras a recollida solidaria de material escolar para campaña «Nas súas mochilas, o seu futuro».
-
A gran suba do custo do material escolar para este curso 23/24 xera que moitas das familias non poidan cubrir as necesidades educativas dos menores. Tendo en conta que a aportación das administracións públicas non é dabondo para cubrir estos gastos.
-
Gracias a axuda que o Concello de Ourense nos concede, será máis doado para a Fundación, cubrir estas e outras necesidades de atención ás familias da cidade de Ourense.
Este martes, ás 10:30h. no Centro Comercial Ponte Vella, en Ourense, tivo lugar a entrega de mochilas e material escolar a unha parte das familias do concello de Ourense. As mochilas están dotadas do material escolar preciso en relación o curso escolar no que se atopa cada menor.
Según as declaracións da traballadora social da entidade, «As familias ainda poden solicitar a axuda de material escolar a través das canles habilitadas por Amigos de Galicia e dos centros educativos».
Según as declaracións de Marcos Vila Fernández, Xerente do Centro Comercial Ponte Vella, «El Centro Comercial siempre procura apoyar iniciativas solidarias, en este caso, a la Fundación Amigos de Galicia, dado que tiene acreditado una trayectoria de ayudas y actividades muy importantes para familias que realmente lo necesitan, y para el Centro Comercial Ponte Vella es una oportunidad para poder ayudar y poner nuestros medios de difusión y personal a disposición de esta Fundación, que realmente está demostrando un buen trabajo.»
Nas próximas semanas a Fundación Amigos de Galicia continuará facendo entrega de mochilas e material escolar nos diferentes concellos da Comunidade Autónoma para dar cobertura o gran número de solicitudes recibidas a través da páxina web e das diferentes oficinas repartidas por Galicia.
Onde a subida dos prezos dos libros de texto e material escolar dificultan que moitas familias poidan cubrir estas necesidades para os/as máis pequenos/as da casa. Estimase que o material que precisa cada alumno/a para comezar o curso 23/24 tería un valor de entre 300 – 500 euros, debido a este incremento, a entidade volta coa súa campaña solidaria de recollida de material escolar «Nas súas mochilas, o seu futuro» para intentar cubrir as necesidades que xorden nas familias atendidas que contan con recursos limitados.
No ano 2022 fixemos realidade a entrega de 1.402 mochilas no mes de setembro, pero cabe destacar que esta cifra está a aumentar ao longo do curso polas solicitudes que nos chegan dos centros escolares. Por todo iso, dende a entidade solicitamos toda a colaboración cidadá para que os menores que atendemos poidan seguir desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións.
A entidade pon a disposición das persoas que desexen colaborar, diversas modalidades de facelo.
- Mercando unha mochila solidaria.
- A través dunha doazón mediante a plataforma de pago «Bizum».
- Entregando material escolar nos diferentes puntos de recollida hablitados en cada provincia.
Enlace á páxina web da campaña: https://amigosdegalicia.org/proteccion-da-infancia/nas-suas-mochilas-o-seu-futuro/
A Fundación elabora as mochilas en relación as necesidades que presenta cada alumno/a en cada etapa escolar, tendo en conta as diferentes franxas de idade e prezos; 3 a 5 anos (mochila infantil – 25,81€), 6 a 11 (mochila primaria – 35,73€) e 12 a 16 (mochila secundaria 48,03€).
Onde en cada unha delas se dotará do material preciso para cada curso escolar, aumentando o custo a medida que avanza a idade.
Tendo en conta a era dixital na que nos atopamos e onde cada ano os centros educativos avanzan na implementación dos contidos a este formato, aumenta considerablemente a necesidade de dotar ós/ás alumnos/as de dispositivos informáticos e liñas de acceso a internet. A entidade presta especial atención en dotar a estes menores de dispositivos electrónicos coma pendrives, discos duros, tablets, e/ou ordenadores, e así evitar desigualdades co resto dos compañeiros/as.