// FOTO: Marta Insua, Traballadora Social da Fundación Amigos de Galicia e Natalia Galán, Xerente do Centro Comercial Camelias, facendo entrega de mochilas e material escolar a familias de Vigo.

 

Vigo, 2 de outubro de 2023

 

NOTA DE PRENSA

 

  • A Fundación Amigos de Galicia, mostra o seu agradecemento ó Centro Comercial Camelias tras a recollida solidaria de material escolar para campaña «Nas súas mochilas, o seu futuro».

  • A gran suba do custo do material escolar para este curso 23/24 xera que moitas das familias non poidan cubrir as necesidades educativas dos menores. Tendo en conta que a aportación das administracións públicas non é dabondo para cubrir estos gastos.

 

 

Este luns, ás 10:30h. no Centro Comercial Camelias, en Vigo, tivo lugar a entrega de mochilas e material escolar a algunhas das familias que a Fundación atende na cidade de Vigo. As mochilas están dotadas do material escolar preciso en relación o curso escolar no que se atopa cada menor.

Según as declaracións da traballadora social da entidade, «As familias ainda poden solicitar a axuda de material escolar a través das canles habilitadas por Amigos de Galicia e dos centros educativos».

 

Según as declaracións de Natalia Galán, Xerente do Centro Comercial Camelias, «Nosotros estamos encantados de colaborar con la Fundación Amigos de Galicia, en esta entrega de material escolar, a las familias más vulnerables del área metropolitana de Vigo; y seguiremos colaborando en la campaña de Navidad, y en la campaña de material escolar del año que viene»

 

Nas próximas semanas a Fundación Amigos de Galicia continuará facendo entrega de mochilas e material escolar nos diferentes concellos da Comunidade Autónoma para dar cobertura o gran número de solicitudes recibidas a través da páxina web e das diferentes oficinas repartidas por Galicia.

Onde a subida dos prezos dos libros de texto e material escolar dificultan que moitas familias poidan cubrir estas necesidades para os/as máis pequenos/as da casa. Estimase  que o material que precisa cada alumno/a para comezar o curso 23/24 tería un valor de entre 300 – 500 euros, debido a este incremento, a entidade volta coa súa campaña solidaria de recollida de material escolar «Nas súas mochilas, o seu futuro» para intentar cubrir as necesidades que xorden nas familias atendidas que contan con recursos limitados.

No ano 2022 fixemos realidade a entrega de 1.402 mochilas no mes de setembro, pero cabe destacar que esta cifra está a aumentar ao longo do curso polas solicitudes que nos chegan dos centros escolares. Por todo iso, dende a entidade solicitamos toda a colaboración cidadá para que os menores  que atendemos poidan seguir desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións.

A entidade pon a disposición das persoas que desexen colaborar, diversas modalidades de facelo.

  • Mercando unha mochila solidaria.
  • A través dunha doazón mediante a plataforma de pago «Bizum».
  • Entregando material escolar nos diferentes puntos de recollida hablitados en cada provincia.

Enlace á páxina web da campaña: https://amigosdegalicia.org/proteccion-da-infancia/nas-suas-mochilas-o-seu-futuro/

A Fundación elabora as mochilas en relación as necesidades que presenta cada alumno/a en cada etapa escolar, tendo en conta as diferentes franxas de idade e prezos; 3 a 5 anos (mochila infantil – 25,81€), 6 a 11 (mochila primaria – 35,73€) e 12 a 16 (mochila secundaria 48,03€).

Onde en cada unha delas se dotará do material preciso para cada curso escolar, aumentando o custo a medida que avanza a idade.

Tendo en conta a era dixital na que nos atopamos e onde cada ano os centros educativos avanzan na implementación dos contidos a este formato, aumenta considerablemente a necesidade de dotar ós/ás alumnos/as de dispositivos informáticos e liñas de acceso a internet. A entidade presta especial atención en dotar a estes menores de dispositivos electrónicos coma pendrives, discos duros, tablets, e/ou ordenadores, e así evitar desigualdades co resto dos compañeiros/as.