A Fundación Amigos de Galicia, estivo á espera de que o xulgado de 1ª instancia Nº2 de Monforte de Lemos, aceptase a sua personación na causa xudicial onde uns individuos octoxenarios realizaron abusos sexuais a unha menor coa presunta colaboración da súa nai.
O referido xulgado dictou o auto o 5 de maio, notificado a pasada semana, e polo cal a Fundación está personada nesta causa xudicial a través do avogado da entidade e profesor de Dereito Penal, Francisco Lago, o cal comezará a realizar as dilixencias oportunas na defensa dos dereitos da rapaza menor de idade, exercendo a acusación popular.
É unha realidade que os casos de abusos sexuais a menores van en aumento, na mayoría das veces exercidos polas persoas que deberían de protexer os seus dereitos e garantir que poidan desenvolverse nun ambiente axeitado, que todos/as os nenos e nenas precisan.