06 de Xullo de 2021

Sergio, usuario do departamento de Atención Psicolóxica de Fundación Amigos de Galicia, comparte a súa testemuña en relación ao asasinato de Samuel en A Coruña.

 

“O primeiro que sentes cando paso algo así é medo e inseguridade. Falei con outros  amigos que tamén son homosexuais e volvemos a sentir o medo ao saír á rúa”. Sergio foi vítima de acoso por homofobia, feito que lle desencadeou nunha crise de ansiedade. “O meu compañeiro de piso chamábame “maricón” día tras día, e eu non podía aguantar esa situación”. O apoio da súa irmán e os seus seres queridos foi fundamental para el, así como o asesoramento psicolóxico que está recibindo.

“Solidarízome moito co dolor que ten que estar sufrindo a súa familia e creo que esta ten que ser unha loita de todos e todas, porque sabemos que houbo xente que non socorreu a Samuel, e isto non pode pasar. Espero que a xustiza actúe en consonancia á gravidade dos feitos”.

“A Samuel quitáronlle a vida por ser como é, e á xente nova este feito vaille xerar a dúbida de contalo ou non vendo o que está ocorrendo. É unha pena que non poidamos ser nós mesmos e amar ás persoas que queiramos”, asegura.

Sendo consciente que esta vai a ser unha loita longa, Sergio está convencido que o cambio de mentalidade da sociedade depende da implicación individual de cada persoa e “non se pode educar ás persoas no odio, cada un ten que se libre de ser e querer a quen queira”.