Vilagarcía de Arousa, 16 de novembro de 2023

 

NOTA DE PRENSA

 

  • O día 18 de novembro o concello de Leiro levará a cabo unha Andaina Solidaria pola igualdade a favor das familias atendidas por Fundación Amigos de Galicia no concello de Leiro.

Á andaina acudirán o Presidente, algúns directivos e 10 traballadores/as da entidade. Os/as traballadores/as que acoden a andaina teñen relación directa coas actuacións que Fundación Amigos de Galicia realiza dende 2016 no concello de Leiro a través do “Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a exclusión social”; mediante dito programa aténdense a 10 familias de maneira mensual. Ademais, a entidade oferta outro tipo de programas relacionados con servicios sociais tales como: atención psicolóxica, atención das persoas maiores, orientación laboral, etc.

O percorrido terá como inicio a praza do cruceiro de Leiro e chegada a área recreativa de Pena Corneira con visitas culturais a necrópolis de Orega, ruinas do castelo de San Xoán de Pena Corneira, mirador de Pena Corneira e igrexa románica de Lamas.

 

// FOTO: Cartel de promoción da Andaina Solidaria que terá lugar o sábado en Leiro. Organizada polo Concello de Leiro e entre os colaboradores está a Fundación Amigos de Galicia.