// FOTO: Representante da Fundación Amigos de Galicia, con Juan Rodriguez Castro Director do Hipermercado Alcampo en Area Central e Mª José, persoal do centro; nun dos puntos de recollida habilitados. Dende o 22 de Agosto ata o 13 de Setembro.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2023
NOTA DE PRENSA
-
A entidade continua á campaña solidaria de recollida de material escolar «Nas súas mochilas, o seu futuro»,esta vez dende o Hipermercado Alcampo en Área Central.
-
O material recaudado irá destinado ós/ás alumos/as pertencentes ás familias atendidas pola Fundación, os/as cales non teñen recursos económicos para sufragar o custo do curso, que sería entre 300 – 500€/alumno/a.
-
A Fundación Amigos de Galicia agradece o hipermercado Alcampo Santiago pola labor realizada durante o programa «Alimentando su futuro», levado a cabo entre a Fundación Alcampo España e a Fundación Amigos de Galicia. Destacando que gran parte das solicitudes de material escolar recibidas, son de familias participantes en dito programa, e fan posible a integración social delas e dos seus menores.
-
Un ano máis, solicitamos a poboación de Santiago que sexa solidaria, como é habitual.
Este xoves, ás 10:00h. no hipermercado Alcampo, en Santiago, presentouse a campaña solidaria «Nas súas mochilas, o seu futuro», onde o centro habilitará un punto de recollida nas súas instalacións para que os/as visitantes que acudan aos talleres e actividades lúdicas realizadas durante todo o mes de setembro, poidan aportar o seu gran de arena a través de doazóns de material escolar novo. Os útiles que se poden doar son moi variados; dende mochilas, cadernos, subraiadores, bolígrafos, sacapuntas, etc… Para lograr así dar cobertura o numeroso volume de solicitudes que recibimos diariamente das familias residentes na cidade de Santiago e concellos limítrofes.
Nas próximas semanas dará comezo o novo curso escolar onde a subida dos prezos dos libros de texto e material escolar dificultan que moitas familias poidan cubrir estas necesidades para os/as máis pequenos/as da casa. Estimase que o material que precisa cada alumno/a para comezar o curso 23/24 tería un valor de entre 300 – 500 euros, debido a este incremento, a entidade volta coa súa campaña solidaria de recollida de material escolar «Nas súas mochilas, o seu futuro» para intentar cubrir as necesidades que xorden nas familias atendidas que contan con recursos limitados.
No ano 2022 fixemos realidade a entrega de 1.402 mochilas no mes de setembro, pero cabe destacar que esta cifra está a aumentar ao longo do curso polas solicitudes que nos chegan dos centros escolares. Por todo iso, dende a entidade solicitamos toda a colaboración cidadá para que os menores que atendemos poidan seguir desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións.
A entidade pon a disposición das persoas que desexen colaborar, diversas modalidades de facelo.
- Mercando unha mochila solidaria.
- A través dunha doazón mediante a plataforma de pago «Bizum».
- Entregando material escolar nos diferentes puntos de recollida hablitados en cada provincia.
Enlace á páxina web da campaña: https://amigosdegalicia.org/proteccion-da-infancia/nas-suas-mochilas-o-seu-futuro/
A Fundación elabora as mochilas en relación as necesidades que presenta cada alumno/a en cada etapa escolar, tendo en conta as diferentes franxas de idade e prezos; 3 a 5 anos (mochila infantil – 25,81€), 6 a 11 (mochila primaria – 35,73€) e 12 a 16 (mochila secundaria 48,03€).
Onde en cada unha delas se fará entrega do material preciso para cada curso escolar, aumentando o custo a medida que avanza a idade.
Tendo en conta a era dixital na que nos atopamos e onde cada ano os centros educativos avanzan na implementación dos contidos a este formato, aumenta considerablemente a necesidade de dotar ós/ás alumnos/as de dispositivos informáticos e liñas de acceso a internet. A entidade presta especial atención en dotar a estes menores de dispositivos electrónicos coma pendrives, discos duros, tablets, e/ou ordenadores, e así evitar desigualdades co resto dos compañeiros/as.