// FOTO: Representante da Fundación Amigos de Galicia, e do Centro Comercial Camelias nun dos puntos de recollida (Toys»R»Us), estará habilitado dende o 31 de agosto ata o 31 de setembro.

 

Vigo, 30 de agosto de 2023

 

NOTA DE PRENSA

 

  • A entidade continua á campaña solidaria de recollida de material escolar «Nas súas mochilas, o seu futuro»,esta vez dende o Centro Comercial Camelias de Vigo.

  • O material recaudado irá destinado ós/ás alumos/as pertencentes ás familias atendidas pola Fundación, os/as cales non teñen recursos económicos para sufragar o custo do curso, que sería entre 300 – 500€/alumno/a.

  • Na comarca de Vigo, e principalmente na cidade olívica, gran parte das atencións realizadas pola entidade en contacto directo cos centros educativos, observamos un aumento xeralizado de familias carentes de recursos, para facer fronte os pagos do material escolar que precisan os seus fillos e fillas. Gran parte de estas familias, están en situación irregular e por tanto son solicitantes de asilo político, co fin de obter o permiso de traballo e así conseguir unha fonte de ingresos económicos.

 

Este mércores, ás 12:00h. no Centro Comercial Camelias, en Vigo, presentouse a campaña solidaria «Nas súas mochilas, o seu futuro», onde o centro habilitará un punto de recollida nas súas instalacións para que os/as visitantes que acudan aos talleres e actividades lúdicas realizadas durante todo o mes de setembro, poidan aportar o seu gran de arena a través de doazóns de material escolar novo. Os útiles que se poden doar son moi variados; dende mochilas, cadernos, subraiadores, bolígrafos, sacapuntas, etc… Para lograr así dar cobertura o numeroso volume de solicitudes que recibimos diariamente das familias residentes na comarca de Vigo e zonas limítrofes.

Según as declaracións de Natalia Galán – Xerente do Centro Comercial Camelias, «Estamos encantados de colaborar colaborar coa Fundación Amigos de Galicia, na campaña de recollida de material escolar como cada ano. Estableceremos dous puntos de recollida no Toys»R»Us e nas oficinas centrais de dirección.

«Ó longo de todo o mes de setembro levaremos a cabo a campaña «A maxia de voltar ao cole», onde se impartirán diferentes talleres e actividades lúdicas relacionadas coa maxia, a finalidade é que os participantes colaboren aportando material escolar»

Nas próximas semanas dará comezo o novo curso escolar onde a subida dos prezos dos libros de texto e material escolar dificultan que moitas familias poidan cubrir estas necesidades para os/as máis pequenos/as da casa. Estimase  que o material que precisa cada alumno/a para comezar o curso 23/24 tería un valor de entre 300 – 500 euros, debido a este incremento, a entidade volta coa súa campaña solidaria de recollida de material escolar «Nas súas mochilas, o seu futuro» para intentar cubrir as necesidades que xorden nas familias atendidas que contan con recursos limitados.

No ano 2022 fixemos realidade a entrega de 1.402 mochilas no mes de setembro, pero cabe destacar que esta cifra está a aumentar ao longo do curso polas solicitudes que nos chegan dos centros escolares. Por todo iso, dende a entidade solicitamos toda a colaboración cidadá para que os menores  que atendemos poidan seguir desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións.

A entidade pon a disposición das persoas que desexen colaborar, diversas modalidades de facelo.

  • Mercando unha mochila solidaria.
  • A través dunha doazón mediante a plataforma de pago «Bizum».
  • Entregando material escolar nos diferentes puntos de recollida hablitados en cada provincia.

Enlace á páxina web da campaña: https://amigosdegalicia.org/proteccion-da-infancia/nas-suas-mochilas-o-seu-futuro/

A Fundación elabora as mochilas en relación as necesidades que presenta cada alumno/a en cada etapa escolar, tendo en conta as diferentes franxas de idade e prezos; 3 a 5 anos (mochila infantil – 25,81€), 6 a 11 (mochila primaria – 35,73€) e 12 a 16 (mochila secundaria 48,03€).

Onde en cada unha delas se fará entrega do material preciso para cada curso escolar, aumentando o custo a medida que avanza a idade.

Tendo en conta a era dixital na que nos atopamos e onde cada ano os centros educativos avanzan na implementación dos contidos a este formato, aumenta considerablemente a necesidade de dotar ós/ás alumnos/as de dispositivos informáticos e liñas de acceso a internet. A entidade presta especial atención en dotar a estes menores de dispositivos electrónicos coma pendrives, discos duros, tablets, e/ou ordenadores, e así evitar desigualdades co resto dos compañeiros/as.