Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023

 

NOTA DE PRENSA

 

  • O vindeiro luns 27 de novembro terá lugar no CEIP Bergantiños, en Carballo (A Coruña), charlas de «Concienciación e sensibilización sobre o voluntariado» e a gran importancia que estes realizan para a Fundación Amigos de Galicia, a súa vez presentarase a campaña solidaria de recollida de xoguetes novos «Comparte Ilusión»

O obxectivo da campaña «Comparte Ilusión» lévase a cabo para que todas as familias atendidas pola entidade en risco de exclusión social (familias con menores a cargo, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas maiores que viven soas ou en situación de vulnerabilidade, familias con graves dificultades económicas etc.) poidan vivir un nadal con dignidade en igualdade de condicións.

Entre as actuacións que a entidade desenvolve o ano, destaca a recollida, compra e entrega de agasallos de Nadal para os menores das familias atendidas, co obxectivo de que ningún destes nenos/as se atope en situación de desigualdade nunhas datas e celebracións tan máxica e especiais.

“Sabemos que este ano vai ser un ano difícil para as familias que nos solicitan axuda, sendo cada vez máis numerosas; esto é debido, ós efectos da inflacción económica, que afecta ás familias máis vulnerables. Por iso, este ano necesitamos máis axuda que nunca, e presentamos a campaña “Comparte Ilusión”, para solicitar a colaboración de toda a cidadanía e conseguir entre todos/as as familias que atendemos poidan vivir un Nadal digno”.

No marco das actuacións desta campaña están as charlas de «Concienciación sobre o voluntariado» que se levarán a cabo na Biblioteca do Polbo Tintón, do Colexio CEIP Bergantiños; se impartirán un total de 6 charlas de entre 20-30 minutos de duración (unha por cada curso escolar), dado que este centro conta con preto de 600 alumnos/as, sendo un dos máis grandes da zona. A Biblioteca do Polbo Tintón promove a posibilidade de realizar este tipo de actividades, que se centran na concienciación e colaboración dos máis pequenos/as e con campañas solidarias de diferentes entidades.

Tamén se porá a disposición de todas aquelas persoas que desexen colaborar coa doazón de xoguetes totalmente novos, caixas para depositalos, dende o 20 de novembro ó 5 de decembro, ambos incluídos.

A Biblioteca do Polbo tintón solicitou a entidade a posibilidade de que os comercios locais dos arredores do centro educativo, poidan colaborar nesta recollida, a cal a Fundación accede moi agradecida pola colaboración e solidariedade que é tan necesaria, sobre todo nestas datas navideñas, onde cada gran de area pode lograr xerar unha gran montaña de ilusións.

Os agasallos serán entregados os nenos/as das familias que a Fundación atende na comarca de Bergantiños.

 

// FOTO: Cartel de promoción da Campaña de recollida de xoguetes novos «Comparte Ilusión», da Fundación Amigos de Galicia; na cal colabora a Biblioteca do Polbo Tintón do CEIP Bergantiños do Concello de Carballo (A Coruña).

 

 

 

// FOTO: Voluntarias da Fundación Amigos de Galicia, realizando actividades de empaquetado de xoguetes novos que son doados á entidade para repartir este Nadal entre as familias con menores en risco de exclusión social.