// FOTO: Cartel IX Gala Solidaria – Curro 2023, que terá lugar o próximo domingo 14 de Maio.

 

Vilagarcía de Arousa, 04 de maio de 2023

NOTA DE PRENSA

 

IX GALA SOLIDARIA – CURRO 2023

 

Outro ano máis, a Comunidade Montes de Curro xunto con Salnés Espectáculos, volve a organizar a Gala Solidaria “MÚSICA POR ALIMENTOS”, a favor da Fundación Amigos de Galicia.

A IX edición da gala celebrarase o domingo 14 de Maio, co obxectivo de volver a recadar o maior número de alimentos non perecedoiros (cereais, galletas, cacao, produtos alimenticios infantís, etc..), a favor de familias en situación de especial vulnerabilidade atendidas pola nosa entidade nos concellos de Valga, Caldas de Reis, Barro, Pontevedra, Cambados, A Illa de Arousa, O Grove, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Nos dous últimos anos recadáronse un total de 7.270,56 Kg. de alimentos.

 

Esperamos pasar unha tarde de diversión, coa Festa do Nen@ e posteriormente, coas actuacións das orquestras MARBELLA, LOS COLEGUITAS, ORIGEN, o grupo LA MECÁNICA e a eventos Infantilandia.

 

Dende a Fundación Amigos de Galicia, queremos mostrar o noso agradecemento novamente, por esta gran iniciativa á Comunidade de Montes de Curro, ás orquestras Marbella, Los Coleguitas, Origen, La Mecánica e á Infantilandia – Eventos, Ocio e Tempo Libre; así coma ás personas que fan posible este tipo de accións solidarias e totalmente altruistas.

 

// FOTO: Jesús Busto Peteiro, director da Fundación Amigos de Galicia, coa directiva e demais membros da Comunidade de Montes de Curro.

<

// FOTO: Orquestra Marbella durante a súa actuación na pasada Gala do ano 2022.