// FOTO: Lino Rodríguez, alcalde do Concello de Pol con Jesús Busto Peteiro, Director Xeral da Fundación Amigos de Galicia. Na XXXVIII Edición da Festa do Emigrante no Concello de Pol.
Vilagarcía de Arousa, 24 de agosto de 2023
NOTA DE PRENSA
-
Hoxe se celebra a XXXVIII Edición da Festa do Emigrante no Concello de Pol. Onde se congregaron cerca de 1.300 persoas.
O alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, estivo acompañado das autoridades provinciais da Deputación de Lugo.
Por parte da Fundación Amigos de Galicia, asistiron persoas da directiva, coma o presidente da entidade, o Doutor D. Ramiro Varela Cives, que compartiron cos veciños e veciñas retornados da emigración que se atopan de vacacións en Pol.
Esta festa é un punto de encontro de todos os emigrantes de Pol, o reencontro das novas xeracións, terra dos seus pais e avós e a cal é unha representación do que ocorre na maior parte de Galicia, unha poboación -a galega- que enviou á emigración a miles e miles de galegos, e hoxe se da a circunstancia inversa, somos unha das poboacións mais envellecidas do mundo e con menos taxa de natalidade (os inmigrantes equilibran un pouco a poboación galega); do mesmo xeito que ocorre no interior de España.
A Fundación leva colaborando cos Servizos Sociais do concello de Pol nos eidos existencial, laboral e cultural, esta colaboración esténdese tamén a moitos outros concellos de toda a Comunidade Galega.
__________
CONTACTO: Dpto. de Comunicación – Fundación Amigos de Galicia
E-mail: comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org
Teléfono/WhatsApp: 672 706 182