// FOTO: Serena Jacini, Responsable da área de xoguetes do Hipermercado Alcampo – Vilagarcía; Susana Hermida, directora; Fani Villamarín, asistente de dirección e Marta Insua, representante da Fundación Amigos de Galicia (esquerda a dereita ); durante a presentación da Campaña Solidaria «Comparte Ilusión». Dispoñible ata o 20 de decembro.

 

Vilagarcía de Arousa, 13 de decembro de 2023

 

NOTA DE PRENSA

  • O centro disporá un punto de recollida de xoguetes novos nas súas instalacións, ata 20 de decembro, para que os visitantes poidan achegar a súa doazón de agasallos para os/as mais cativos/as da casa.

  • Os agasallos recaudados serán entregados ós/ás nenos/as das familias que a Fundación atende en Vilagarcía de Arousa e arredores, para lograr así dar cobertura ó numeroso volume de solicitudes que recibimos diariamente destas familias.

 

Esta mañá, ás 12:00h. no Hipermercado Alcampo, en Vilagarcía de Arousa, tivo lugar a presentación da Campaña de Nadal «Comparte Ilusión» en colaboración con Alcampo Vilagarcía, este centro comercial habilitará un punto de recollida de XOGUETES NOVOS nas súas instalacións para que os/as visitantes poidan aportar o seu gran de arena a través de doazóns.

Según la comunicación del centro: «Alcampo ha puesto en marcha un año más su campaña Ningún Niño sin Juguete con el objetivo de movilizar, movilizarse y actuar para que las niñas y niños que viven en familias en situación de vulnerabilidad puedan tener un juguete en Navidad.

Por eso, hasta el 20 de diciembre en Alcampo Vilagarcía recogeremos juguetes nuevos que serán entregados a la Fundación Amigos de Galicia para que, a su vez, los hagan llegar a las familias que los necesiten. Los juguetes recogidos serán complementados con los donados por Alcampo. En la pasada edición de Ningún Niño sin Juguete pudimos entregar más de 100 juguetes a niños y niñas del entorno de Vilagarcía.

Quiero agradecer a la Fundación Amigos de Galicia y a todos sus profesionales y voluntarios la gran labor que realizan, en esta y otras iniciativas, algunas de las cuales han contado con el apoyo de la Fundación Alcampo.

Esta campaña, que se celebra en su XIX edición, contribuye al alcance de los Objetivos de Desarrollo Sostenible nº2 (fin de la pobreza) y nº 10 (reducción de las desigualdades).

Muchas gracias.»

O obxectivo da campaña «Comparte Ilusión» lévase a cabo para que todas as familias atendidas pola entidade en risco de exclusión social (familias con menores a cargo, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas maiores que viven soas ou en situación de vulnerabilidade, familias con graves dificultades económicas etc.) poidan vivir un nadal con dignidade en igualdade de condicións.

Entre as actuacións que a entidade desenvolve o ano, destaca a recollida, compra e entrega de agasallos de Nadal para os menores das familias atendidas, co obxectivo de que ningún destes nenos/as se atope en situación de desigualdade nunhas datas e celebracións tan máxica e especiais.

Este ano 2023 está a ser un ano difícil para as familias que nos solicitan axuda, sendo cada vez máis numerosas; esto é debido, ós efectos da inflacción económica, que afecta ás familias máis vulnerables. Por iso, este ano necesitamos máis axuda que nunca, e presentamos a campaña “Comparte Ilusión”, para solicitar a colaboración de toda a cidadanía e conseguir entre todos/as as familias que atendemos poidan vivir un Nadal digno.

 

Campaña Fundación Amigos de Galicia «Comparte ilusión»

Esta recollida enmárcase na campaña de Nadal «Comparte a ilusión» que a entidade desenvolve todos os anos, para a que -xa comezando cos preparativos- se entregarán xoguetes novos a menores en Galicia en risco de exclusión social.

Co desenvolvemento desta campaña, a Fundación Amigos de Galicia pretende que todas as familias que se atopen en situación de vulnerabilidade poidan pasar un Nadal digno. Ademais da entrega de xoguetes, a entidade traballa intensamente nestas datas para que as familias á que atende reciban mensualmente un paquete alimentario que inclúe produtos típicos de tempada para que as súas ceas e comidas de Nadal sigan sendo especiais.

Para acadar este obxectivo, a entidade solicita a colaboración de toda a cidadanía, empresas, etc. para que todos os menores coidados poidan contar cun agasallo debaixo da árbore este Nadal.

Por todo isto, e destacando que este é un ano no que as doazóns serán máis importantes que nunca, a entidade organiza esta campaña que se desenvolverá a nivel autonómico e que posibilita diferentes vías de colaboración:

– Doazón de xoguetes novos nalgún dos puntos de recollida habilitados para doazóns no Centro Comercial Ponte Vella.

– Facéndose rei/raíña mago/a: Como novidade na campaña de Nadal 2023 a entidade abre unha nova vía de colaboración. Todas as persoas que o desexen, poden colaborar coa entidade comprando un agasallo para un neno/a con idade comprendida entre 0 a 16 anos.

Máis info. na seguinte fotografía e enlace: https://amigosdegalicia.org/comparte-ilusion

– Voluntariado: Doa tempo e axuda á entidade nas diferentes actividades que se levarán a cabo ao longo da campaña; así como colaborar en campañas de sensibilización para que teña o maior alcance posible.

– Doazón a través de BIZUM: seleccionando facer unha doazón e introducindo o código 02735.

 

Dende Fundación Amigos de Galicia agradecemos ás empresas, neste caso ao Hipermercado Alcampo, e aos centros que colaboran coa entidade xa que fan posible que a entidade chegue a todas as familias que soliciten axuda.

Podes atopar toda a información sobre a campaña «Comparte Ilusión» no seguinte enlace da nosa web:

Comparte ilusión

 

 

 

// FOTO: Cartel de promoción da Campaña de recollida de xoguetes novos «Comparte Ilusión», da Fundación Amigos de Galicia; na cal colabora o Hipermercado Alcampo, de Vilagarcía de Arousa, ubicando puntos de recollida nas instalacións do centro.